ExistÃan evidencias documentais da presenza dunha terceira muralla no castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela, por fóra do actual recinto valado no que fora realizada unha ampla intervención arqueolóxica que puxera ao descuberto as principais estruturas da que foi unha das fortalezas de maior significación polÃtica do reino de Galicia. A finais de 2019 realizouse unha prospección xeofÃsica que permitiu detectar anomalÃas que apuntaban cara a existencia de estruturas defensivas no exterior, e unha sondaxe promovida polo concello de Santiago e executada por Tempos Arqueólogos permitiu agora confirmar a complexidade do sistema defensivo da Rocha Forte. A nova intervención permitiu localizar que, por fóra do recinto, atópase outra muralla da que foron exhumados dous tramos, un deles cunha torre circular encostada, e dous foxos, asà como outras estruturas.