Chegan á rede as homenaxes de Unha manda de pezas para Isaac

Artistas e colectivos de todo o país lembran a Díaz Pardo con pezas da súa autoría

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Chegan á rede as homenaxes de Unha manda de pezas para Isaac

Logo de recibir máis de 250 propostas ao seu chamamento, o colectivo Alento Esbravexo está a publicar na rede as colaboracións de Unha manda de pezas para Isaac. Esta iniciativa, que animaba a artistas e a persoas de todo o país a contribuír a esta a homenaxe a Díaz Pardo, está a subir ao seu web desde o pasado mes de xullo as diferentes propostas recibidas, que inclúen entre os nomes máis recentes colaboracións de Abe Rábade, Xoán Babarro, Francisco Ameixeiras, Eva Veiga, Miro Villar ou Soledad Penalta entre moitos outros nomes. Para alén de creacións artísticas, o proxecto conta tamén con testemuños da amizade e admiración por Díaz Pardo de moitas das persoas e dos colectivos participantes, ata totalizar un cento de colaboracións xa publicadas.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eva Veiga, Miro Villar, Miro Villar, Soledad Penalta...