Bululú lanza o segundo volume da BD Unha mestra en apuros

Pedro Segade e Fran Jaraba súmanse ao catálogo de Cascaborra Ediciones

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Bululú lanza o segundo volume da BD Unha mestra en apuros

O ilustrador Jorge Campos xunta forzas de novo coa guionista Pilar Serrano Burgos para continuar as historias de Unha mestra en apuros cun segundo volume. Bululú presenta esta obra de 64 páxinas a cor no que se repasan con "surrealismo por milleiros e diversión ao máximo" o intenso anecdotario dunha docente de infantil "baseado en feitos reais" para público de todas as idades. A obra conta tamén con versións en castelán e catalán.

Pola súa banda, o debuxante compostelán Pedro Segade suma ao catálogo da editora estatal Cascaborra Covadonga. A obra, con texto de Raúl Balen segue a historia de Don Pelayo. Ademais, o autor está a publicar na editora Nowevolution Vivar, unha obra con guión do vigués David Braña. Tamén Fran Jaraba incorpora o seu traballo ao catálogo de Cascaborra, que está a presentar a versión en castelán da súa División Azul.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bululú, Jorge Campos, Burgos, David Braña...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares