Xerais e Galaxia presentan novas bandas deseñadas de autoría galega

Bululú lanza Unha Mestra en Apuros de Pilar Serrano e Jorge Campos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Xerais e Galaxia presentan novas bandas deseñadas de autoría galega

Un clásico da serie Astérix, Astérix en Britania, con tradución de Xavier Senín e Isabel Soto, e mais a segunda entrega da colección Animalia, do galego Xosé Tomás, son os novos lanzamentos de banda deseñada que acaba de presentar Xerais. Neste volume, titulado Branco e ambientado nos polos, o debuxante continúa a desenvolver historias de humor cos animais como protagonistas e co cambio climático como transfondo.

Pola súa banda, Galaxia acaba de presentar Troglo & Dita, segunda obra de Alfonso Barreiro Fon. A obra recolle historias de humor ambientadas na prehistoria na que os seus protagonistas se enfrontan a diferentes problemas e conta cun total de 76 páxinas a cor.

Pola súa banda, a editora coruñesa Bululú lanza Unha mestra en apuros segunda banda deseñada de Jorge Campos logo de Alter Nativo. Desta volta o debuxante traballa sobre guións de Pilar Serrano para amosar as vivencias no ensino dunha docente de primaria con moita ironía e para todos os públicos. A obra conta con edicións en castelán e en galego.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astérix, Jorge Campos, Fon, Bululú...