culturagalega cumpre vinte anos, contando a diario a cultura do paÃs. Neste editorial, explicamos a visión do medio e do xornalismo que está detrás deste proxecto que quere contribuÃr a consolidar o espazo común da cultura galega.
Hai agora cen anos, en 1920, nacÃa un medio de comunicación modesto na súa impresión pero ambicioso na súa visión: construÃr unha idea de Galicia a través da súa cultura. Durante os dezaseis anos que durou a revista Nós, os seus redactores demostraron que un paÃs emerxÃa cara o mundo cando se conseguÃa facer converxer, nun único lugar, a investigación, a creación literaria, as artes e a ciencia e cando sobre todas esas disciplinas da cultura se deitaba a ollada do próximo. Na ollada da xeración Nós, cumprÃa construÃr un espazo común: da suma do local e da conexión entre os intereses particulares, emerxÃa Galicia como unha cultura propia. Era nesa idea de Galicia onde todo cobraba un novo e proveitoso sentido.
Seriamos inxenuos se pensaramos que ese espazo común está rematado ou creado. Nin é inmóbil, nin invulnerable, nin inamovible: máis ben todo o contrario. Hai vinte anos, o equipo directivo do Consello da Cultura Galega decatouse de que era urxente estender ese espazo a esa Internet da que todo o mundo falaba coma o futuro: ofrecer de novo unha visión global, ampla, desde múltiples ángulos, para a nova terra de promisión que parecÃa ser a rede. "A cultura galega ten que estar aÃ", apremiaba o presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares. É certo que comezaban a xurdir en Internet numerosas iniciativas particulares, de organizacións e algunhas institucións. Pero faltaba a visión global, capaz de presentar o paÃs a través da cultura desde unha perspectiva panorámica. Faltaba o espazo común. Non se querÃa construÃr de calquera maneira. Non se trataba só de subir contidos a Internet, senón que era preciso elaboralos, adaptalos, levalos aos novos formatos dixitais, producilos nunha linguaxe coa que puideran chegar a novos públicos. Novos públicos no número, pero tamén no xénero: esas xeracións mozas que eran as primeiras que adoptaban a nova tecnoloxÃa dixital.
No ano 2000 o paÃs xa tiña unha cultura e identidade tan vizosa, con tantos investigadores, creadores, activistas e cientÃficos traballando, que calquera novo proxecto só tiña lóxica se partÃa da base non de crear contido, como en 1920, senón narrar ese prodixioso rebulir. O que faltaba entón era crear unha axenda, no sentido xornalÃstico, da cultura: facer visibles axentes, historias, procesos, produtos e contidos, tendencias. Unha cultura viva contada desde dentro. Iso foi o que nos transmitiron moitos axentes do sector cando creamos AVG, o soportal do audiovisual galego, ou Banda Deseñada. Velaà habÃa sectores vivÃsimos, dinámicos, que nunca se viran de maneira conxunta, nese espello de mapa de Fontán. Ao facelo, revelouse moito do seu potencial e dimensión.
No ano 2000, a cultura galega dividÃase entre os entusiastas ás novas tecnoloxÃas e os reticentes. Os segundos fóronse incorporando aos poucos á nova realidade. Para os primeiros, Internet era a oportunidade para xunguir un paÃs disperso polo mundo como Galicia nun novo territorio dixital no que fose posible o reencontro. Pero alén do soño da nosa diáspora, tamén se consideraba que a dixitalización era a oportunidade para facer visible a nivel internacional a cultura do paÃs. Unha solución brillante para amosar Galicia e conectala co exterior sen intermediarios ou muros de cristal. Unha chea de posibilidades para explotar o que Galicia sabÃa facer ben desde hai centos de anos: contar historias.
Unha ollada atrás de vinte anos darÃa para reflexionar moito sobre que sucedeu con todas estas expectativas. PrecisarÃa unha reflexión máis colectiva, que aÃnda non foi realizada, aÃnda que xa exista perspectiva temporal abonda para facelo. Este editorial a penas sinalará algúns aspectos.
Trala eclosión de medios en galego da primeira década do 2000 e o posterior cataclismo editorial a finais dese tempo, chegamos ao ano 2020 cunha situación preocupante. O número de medios en galego de libre acceso en Internet é moi reducido e a presenza da cultura galega neles -salvando importantes excepcións- limitada polos escasos orzamentos e equipos. No caso dos medios galegos en castelán a axenda da cultura está moitas veces máis orientada á información que chega das axencias de Madrid. A propia cultura do paÃs carece a dÃa de hoxe, agás culturagalega, de cabeceiras xornalÃsticas diarias especializadas e profesionais que ofrezan visións globais sobre a cultura do paÃs, entrecruzando sectores e todo o territorio.
Porén, por fortuna, a cultura é como a auga: sempre atopa o seu camiño. Durante estes vinte anos puidemos apreciar como o rego pasaba a converterse en rÃo. A cultura gañou en profesionalización. Editoras, grupos de música, compañÃas de teatro, asociacións culturais normalizaban o uso de Internet para se comunicar cos medios de comunicación e saÃr á esfera pública. Co tempo, as novas actitudes cara a difusión do traballo traducÃronse na apertura por parte do sector cultural de perfÃs de redes sociais, nos que os creadores e os distribuidores fan visibles as súas novidades. E fronte ao baleiro de información xornalÃstica especializada en cultura, parece que redes como Facebook, Twitter e Instagram compensaron a catástrofe.
Pero non é asÃ. A redes sociais fortalecen, sobre todo, as ligazóns que xa existÃan previamente, xeneran vÃnculos entre os amadores do teatro, a música e a literatura. Permiten conectar os creadores co público, os activistas con activistas. Pero non substitúen a necesidade de construÃrmos un espazo común con referentes compartidos, máis alá dos coñecidos e simpatizantes, ou de ter unha visión analÃtica sobre unha situación ou un contexto. As redes sociais enriquecen de maneira espectacular o ecosistema de comunicación, pero o xornalismo segue a ser decisivo para poder amplialo e vertebralo.
Todos os indicadores estatÃsticos da cultura galega revelan que a dÃa de hoxe a cultura galega é aÃnda un proxecto ao que lle queda moito por construÃr. Precisamos crear públicos, e o xeito de crealos é indo máis alá, superando barreiras sociais e xeográficas e combatendo inercias ancestrais do paÃs coma o localismo, o minifundio intelectual e o monocultivo sectorial. Nunha cultura pequena como a galega, chegar a un público diverso e heteroxéneo é clave para osixenar o sistema e facelo medrar. O xornalismo cultural é unha das ferramentas para conseguilo. A independencia editorial é outra. Ao longo destes vinte anos, en culturagalega preocupámonos por conseguir achegarnos aos conflitos da cultura desde unha perspectiva independente, sempre orientada a atender á actualidade pero, sobre todo, de crear os contidos e ferramentas destinadas a que sexa o lectorado quen estableza o seu propio xuÃzo sobre os grandes debates do noso tempo. Cando se produce algunha das polémicas periódicas (e por desgraza cÃclicas) da cultura do paÃs, a nosa posición é: "como podemos aclarala? Con quen podemos falar para explicar o contexto?". Cremos no xornalismo como arma -ou ponte- contra as perniciosas trincheiras culturais.
Por iso en culturagalega levamos moitos anos apostando por prestar atención a moitos mundos pouco presentes na axenda dos medios ou nas propias redes. O terceiro sector cultural, a xestión profesional da cultura, as polÃticas culturais, as tendencias na investigación, nos procesos de recuperación da memoria. Cremos nun xornalismo cultural que non vive só do anecdótico e do lanzamento de produtos culturais, senón que sobre todo sirve para construÃr contextos, axudar a comprender, achegar perspectiva e contar procesos.
Contar non só que se fai, senón como se fai. O xornalismo como manual de instrucións, como aire de inspiración entre uns e outros, axudando a tecer redes de persoas. Este é un xornalismo que non só se dirixe a consumidores, senón tamén os creadores. Porque moitas veces, nunha cultura como a galega, as persoas xogan varios roles ao tempo: consumen cultura, crean cultura, difunden cultura.
Non é un xornalismo fácil nos tempos de clickbait. Con certeza non é a que ofrece mellores cifras de audiencia, pero de seguro que permite revelar mundos nos que recoñecernos e facernos medrar. E ao recoñecernos, nos atopamos como unha cultura capaz de diferenciarse nun contexto global. E ao atoparnos os músicos cos escritores, os amantes da historia cos profesores apaixonados da divulgación cientÃfica, os xestores culturais co lectorado de novela negra, enriquecemos o paÃs e multiplicamos as súas posibilidades.
O Consello da Cultura Galega é unha institución pequena, cun orzamento limitado co que se realizan numerosos proxectos, actividades e publicacións. Polo tanto, en culturagalega non hai grandes orzamentos nin equipos enormes: o que hai, sobre todo, é constancia, e a vontade de facer xornalismo para o dÃa de hoxe, si, pero tamén para o futuro. Porque é no futuro onde debe habitar o espazo común da cultura galega. Alà é cara onde enviamos cada palabra do noso traballo.