O 10 de outubro do ano 2000 principiaba culturagalega.gal (de aquela culturagalega.org). Facíao baixo a presidencia de Carlos Casares, no salón de actos do Consello da Cultura Galega. Desde entón, culturagalega.gal publicou máis de 30.000 noticias da cultura do país, narrando un retrato diario da actualidade cultural galega. Este sábado culturagalega.gal cumpre 20 anos. Nun medio como Internet dúas décadas son moito tempo. Nesta crónica contamos o nacemento de culturagalega.gal e como influíu na forma de contar historias.
1. Unha idea
Desde o primeiro momento o Consello da Cultura Galega apostou polas novas tecnoloxías por varios motivos: era vital para a cultura e a lingua do país incorporarse con forza a unha Internet que á altura dos anos 1999 e 2000 xurdía con forza coas máis altas expectativas. As estatísticas do momento refrendaban a evidencia que era doado coñecer tamén na proximidade: estas novas tecnoloxías estaban a ser incorporadas, sobre todo, polas xeracións máis novas.
O equipo executivo do Consello da Cultura galega, liderado polo escritor Carlos Casares, foi consciente desta fiestra de oportunidade para o país. Cumpría crear un produto que puidera chegar a través non só da tecnoloxía, senón de novas linguaxes e enfoques, ata ese público. E velaí naceu culturagalega.org, como unha plataforma a dar visibilidade á cultura galega en todos os ámbitos e conectar a creadores, distribuidores e usuarios e consumidores da cultura.
Para desenvolver a plataforma optouse por un equipo propio que vivira o día da día da institución. O obxectivo era aproveitar a abundante produción de eventos e contidos do propio Consello da Cultura Galega como unha primeira canle que permitía a obtención de numerosa información de xeito doado e accesible. Pero tamén que a propia institución controlara os seus procesos de produción tecnolóxica, aínda que iso significara un proceso máis lento de aprendizaxe. Vinte anos despois, o coñecemento desenvolvido en culturagalega.org nutre boa parte do sistema de publicacións dixitais do Consello da Cultura Galega.
2. HTML, serpes e tradicións
A primeira versión de culturagalega.gal foi realizada integramente en HTML como un contido estático, no que cada páxina era un ficheiro diferente. Unha vista en retrospectiva da portada revélanos como cambiou o mundo de Internet desde entón: os nosos anuncios (orientados a promocionar áreas internas do portal) eran GIFS, unha tecnoloxía que xa non se usa para a publicidade pero que curiosamente vive unha segunda idade de ouro nas redes sociais e como memes. Unha vista en retrospectiva da portada permite descubrir algunhas curiosidades, desde os ollos dunha coñecida escritora actual ou unha profesora de comunicación ata a escolla de iconografía medieval para encabezar as seccións, coa intención de amosar que un novo medio tecnolóxico tiña grandes vínculos co longo pasado galego. Este xogo entre presente e pasado tamén se plasmaba na designación de zonas temáticas do portal. Os soportais eran áreas temáticas centradas en diferentes sectores da industria cultural do país. Culturagalega.gal naceu con tres: lg3 (literatura, outra vez xogando entre o formato de audio comprimido mp3 e o acrónimo de Literatura Galega; Cinema Galego, logo chamado AVG; Radio CG, logo chamado MeGA). Posteriormente engadiríaselle outro soportal adicional: Banda deseñada.
O propio logo de culturagalega a aquela altura e outros motivos da páxina de inicio remitían a outra querencia do deseño galego xa presente nos petróglifos: a serpe. Detrás da escolla da serpe estaba o seu significado na sociedade tradicional galega e nas relixións antigas, como ser de acabalo entre dous mundos. Outra inspiración para o logo fora a senlleira pía de auga bendita da colexiata de Santa María, en Muros, que representa tamén unha serpe.
3. Demandas que estaban aí
Os primeiros análises, consultados con avidez, desvelaban interesantísimas cuestións ao redor dos intereses dos usuarios que de aquela se internaban nunha Internet aínda escasa de contidos. Algunha delas revelaban necesidades que naquel momento non estaban satisfeitas. Observámolo cando ao analizar semanalmente as audiencias (de aquela non se obtiñan en tempo real) viamos como unha constante que a sección Zona Cultura sempre estaba entre as páxinas máis consultadas. Tratábase dun recurso moi simple, estático, que permitía realizar procuras nos diferentes buscadores galegos que había a aquela altura: Enxebre, Galiciacity, U-lo ou Vieiros. De aquela non había ningún metabuscador en Galicia que permitira unha busca sinxela nos recursos galegos e Zona Cultura suplía algo desa carencia. Pero de aquela xa xurdira nos Estados Unidos un novo proxecto de buscador que posteriormente transformaría de maneira radical o negocio das buscas en Internet, Google. En culturagalega os usuarios xa estaban anticipando o éxito dun negocio de buscas unificadas.
4. Da outra banda do Océano
Un dos fenómenos máis curiosos nas primeiras semanas do portal é que os rexistros de tráfico revelaban un tráfico inusual de madrugada, cun pico de audiencia entre as dúas e tres da mañá. Ao peneirar as estatísticas, observamos o que sucedía: de aquela a conexión a Internet realizábase a través do módem telefónico. A partir das dez da noite o acceso á rede era máis barato, ben porque a conexión era máis asequible, ben porque as operadoras ofrecían "tarifas planas" que facilitaron un incremento cada vez maior do consumo de Internet. Pero eses picos de conexión non eran ás dez da noite, eran ás dúas ou tres da mañá. Que significaba? Ao cruzar máis os datos decatámonos de algo marabilloso: era a entrada en Internet dos galegos en América. No ano 2000 a audiencia americana percibíase de maneira clara, xa que a que procedía de Galicia estaba concentrada pola mañá, nos horarios de conexión a Internet desde o posto de traballo ou da universidade. Coa maior extensión do uso da rede en Galicia e no mundo, a clara marca dos galegos en América ficou difuminada nunha audiencia máis global.
5. Os especiais
Á altura do ano 2000 estaban moi de moda nos medios de comunicación dixitais os coñecidos como especiais, é dicir, microespazos dentro do medio que narraban de maneira monográfica unha historia cun tratamento de deseño e narrativo distinto á edición normal de noticias. Os especiais permitían os medios innovar con tecnoloxías e narrativas máis difíciles de encaixar no día a día da produción informativa e engadían prestixio o medio. A culturagalega.gal do ano 2000 produciu moitos especiais e dáballes moita importancia: estaban situados na zona superior da portada, antes mesmo das noticias. Con eles queriamos demostrar que en Galicia tamén se podía producir contido multimedia dixital de calidade e representar dun xeito moderno a cultura contemporánea do país. Pero supuñan un esforzo inxente. Coma no resto dos medios do mundo, a innovación dedicada os especiais foise dirixindo cara outros ámbitos tecnolóxicos, como a mellora dos sistemas de busca, etiquetado e arquivado da información.
2002: un ano decisivo
2002 foi un ano decisivo na estrutura tecnolóxica de culturagalega.gal. A vella estrutura tecnolóxica da plataforma daba moitos problemas para poder recuperar e facer visible a información. Foi preciso construíla desde cero, construír un sistema editorial que facilitase a edición da información e mellorar o acceso a todos os contidos anteriores, que xa nese momento eran inxentes, apostando polas bases de datos para xestionar un contido cada vez máis complexo. A nivel de deseño, supuxo moi importantes cambios. Culturagalega tiña tres grandes áreas informativas un tanto desafiantes: "agora", "antes" e "despois". Eses nomes tan taxativos respondían á mentalidade da época. No ano 2002 existía unha gran reflexión mundial sobre a usabilidade das páxinas. Os portais creados nos anos anteriores por todo o planeta eran barrocos, estaban cheos de múltiples seccións, chamadas, ligazóns, botóns. Expandíranse na procura de servir como portas de entrada dos usuarios a Internet. Pero no 2002 a tendencia global de deseño primaba a usabilidade, a limpeza, a simplificación e a intuición na navegación. O novo deseño de culturagalega.gal buscou este camiño. A nivel de contidos, significou a creación de diferentes obxectos dixitais que podían asociarse entre si. Seguirían dezaoito anos máis ata hoxe.