
Ao longo da súa estadía, o cuarteto desenvolverá un proxecto conxunto "en forma de diario de viaxe que incluirá apuntes, texturas e imaxes da illa e que seguirá un fío condutor común", segundo explica a Consellería de Cultura, que promove a iniciativa en colaboración coa dirección rexional de Cultura do Norte de Portugal e o Agrupamento europeo de Cooperación Territorial da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Para alén do seu labor creativp, as catro persoas participantes recibirán o alumnado da EASD Pablo Picasso, que participarán nun taller de debuxo do natural. Coas obras resultantes do mesmo preténdese desenvolver unha historia gráfica sobre a illa.