O portal Fiestra achega o audiovisual aos centros de ensino

A plataforma ofrece curtametraxes seleccionadas con recursos didácticos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O portal Fiestra achega o audiovisual aos centros de ensino

Co obxectivo de que o audiovisual forme parte da educación como unha ferramenta pedagóxica en educación infantil, primaria e secundaria ven de nacer Fiestra.gal, a plataforma dixital da Academia Galega do Audiovisual que fixo a súa presentación formal no marco do pasado OUFF. Este recurso que xa está en liña pon a disposición dos centros de ensino un catálogo de curtametraxes galegas seleccionadas especialmente polo seus valores educativos e de calidade artística. Cada unha das obras vai acompañada dunha serie de recursos didácticos cos que poder traballar nas aulas. O catálogo de obras de Fiestra, que actualmente conta con 10 pezas, foi seleccionado polo equipo de programación e asesoramento pedagóxico formado por Marcos Nine Bua, Jorge Rivero e Álvaro Dosil. Fiestra é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que conta co patrocinio da Deputación de Ourense e a colaboración do grupo de investigación Terceira Xeración da Universidade de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito