A Xunta presentou esta semana a edición do epistolario de Florentino López Cuevillas, unha das figuras fundamentais da Xeración Nós. O epistolario abrangue correspondencia mantida entre os anos 1925 e 1958 por este insigne intelectual e prehistoriador ourensán con figuras fundamentais da arqueoloxía e a investigación prehistórica en Europa, como Henri Breuil, Adolf Schulten ou Bosch Gimpera, canda os intercambios con compañeiros da súa xeración como Castelao. En total son 1000 cartas, tanto emitidas como recibidas, con 70 interlocutores, nos que aparecen temas relevantes para comprender a evolución da investigación arqueolóxica e da propia cultura e sociedade do país. O galeguismo, o Estatuto, o Seminario de Estudos Galegos ou as ligazóns con Portugal son algúns dos temas. A edición estivo a cargo de Avelino Rodríguez e Xulio Rodríguez.
O epistolario de Cuevillas achega luz sobre a ciencia galega do século XX
A Xunta publica o epistolario de Florentino López Cuevillas
33 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Castelao, Xulio Rodríguez, Arqueoloxía...
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos


