Cun monográfico sobre as curtametraxes do movemento frances da Nouvelle Vague o Festival Internacional de Cinema e Bueu (FICBueu) estrea a súa propia publicación. Cadernos FICBueu nace coa intención de dar a coñecer ao público as investigacións que se realizan para a propia documentación do evento. Nesta primeira entrega, co tÃtulo de A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes (1956-1965) achégase o traballo que realizou Severiano Casalderrey sobre esta cuestión para a Sección Retrospectiva da edición 2019 do evento. Co texto quéreselles dar "protagonismo a obras de difÃcil acceso para o público pero con grande valor histórico no desenvolvemento do cinema e do formato curtametraxe", segundo explica a presentación da obra.
Os cadernos saen a luz en edición bilingüe galego-inglés e con esta entrega abordan parte da produción menos coñecida do movemento da Nouvelle Vague, como é a produción de curtametraxes de directores como Éric Romer, Jacques Rivette, Jean-Luc Godard ou François Truffaut, "un precedente indispensable para entender a produción posterior destes autores".