O FICBueu bate marcas na súa duodécima edición

O Festival de Curtametraxes proxectará 128 curtas nun programa con 65 actividades

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O FICBueu bate marcas na súa duodécima edición

Do 6 ao 14 de setembro o Festival Internacional de Curtas de Bueu (FICBueu) celebra a súa duodécima edición a bater marcas. En total proxectaranse no evento 128 curtametraxes como parte dun programa que abrangue 65 actividades. A nivel audiovisual, a organización destaca que da selección de filmes 70 veranse verán por primera vez en Galicia e 30 serán estreas a nivel estatal. Como novidade, o evento incorpora dúas novas seccións, Experimental e Nouvelle Vague, ás xa existentes de Galicia R, España, Internacional e Panorama, sen contar as destinadas ao público novo. Entre as actividades paralelas están previstos encontros con profesionais como o actor Luis Zahera, o director Xacio Baño, o produtor Sergio Frade ou a directora de arte Elia Robles ademais de dous encontros sectoriais protagonizados polas asociacións Proxecta e CREA.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Curtas, de mercado

Comezan as actividades paralelas do programa de Curtocircuíto

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con FICBueu, Luis Zahera, Xacio Baño, Asociacións

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares