O FIB Bueu acollerá a exhibición de 27 filmes

O evento celébrase no Centro Social do Mar do 8 ao 13 de setembro

3/9/2014 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
3 lecturas | Compartido 0 veces
A sétima edición do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) Bueu proxectará este ano 27 curtas, logo de que se presentaran a concurso un total de 932 obras. Este ano aumentáronse o número de obras a concurso "debido ao elevado número decurtas que recibimos e a súa calidade". O país con máis obras aceptadas é Francia, a maior parte das curtas son dramas e concursa unha de animación. O Centro Social do Mar da vila acollerá as proxeccións e actividades paralelas do 8 ao 13 de setembro.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares