Vinte e oito filmes compiten no VIII Festival Internacional de Curtas de Bueu

O encontro desenvólvese ata o vindeiro venres na vila do Morrazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Vinte e oito filmes compiten no VIII Festival Internacional de Curtas de Bueu

Ser e voltar de Xacio Baño, abría onte as proxeccións do VIII Festival Internacional de Curtas de Bueu. O Centro Social do Mar acolle ata o vindeiro sábado 12 de setembro os vinte e oito filmes que participan nesta edición, chegados de Galicia, Francia, Rumanía, Alemaña, Xeorxia, Estados Unidos, Canadá, Estonia, Dinamarca ou Irán. En canto á presenza galega, a obra de Baño estará acompañada dos filmes Curricán de Álvaro Gago, Unary, Guís Gvilés e Véndese (Baixo prezo, pouco uso) de J.A.Blanco. Ademais, o Auditorio de Cangas acollerá unha retrospectiva de obras que pasaron por anteriores edicións do evento, e os comercios de Bueu desenvolverán un concurso a partir da ambientación cinematográfica dos seus escaparates. O programa incluíu tamén unha conferencia de Salvador Castro sobre cinema de literatura.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bueu, Cine, Morrazo, Álvaro Gago...