
O evento ven de incorporarse como novo evento membro de FEST Galicia, a marca promovida pola Xunta para prestarlles apoio aos festivais de música e impulsar a nosa Comunidade como destino musical. FEST Galicia agrupa na actualidade, as edicións adaptadas, presenciais ou en liña, de 13 eventos adheridos: Vive Nigrán, Sinsal, 17º Ribeira Sacra, SonRÃas, Revenidas, PortAmérica, Revenidas, Resurrection Fest, Festival de la Luz, Atlantic Fest, Caudal Fest, Maré e Underfest. O festival vigués impulsa ademais este ano unha campaña de apoio ás salas de concertos da cidade olÃvica a través da venda de camisetas, como xa se fixera previamente na Coruña coas camisetas de #ApoyaTuSala, agora o Underfest SON Estrella Galicia presenta as camisetas que co lema #supportyourlocalmusicdealer dedicarán todos os cartos da súa venta a apoiar aos espazos que ofrecen música en directo da cidade. Poden adquirirse na web de Entradas Ataquilla.com e en puntos fÃsicos de venda.