O confinamento multiplica as entradas de topónimos en Galicia nomeada

Conta xa con 1300 colaboradores para o proxecto e 20.000 topónimos novos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O confinamento decretado para conter a expansión da pandemia contribuiu de maneira notable ao crecemento da plataforma de coñecemento colectivo Galicia nomeada, coa que a Real Academia Galega permite a usuarios introducir microtoponimia que sería moi difícil recoller doutro xeito. Deste xeito, durante a pandemia duplicouse o número de usuarios en relación aos meses anteriores. O resultado son preto de 20.000 topónimos recompilados nos primeiros meses de vida e 1.300 persoas que colaboran coa aplicación. Como é habitual nestas aplicacións colaborativas, un gran número de rexistros concéntranse nun pequeno conxunto de colaboradores, entre os que destacan investigadores e profesores de instituto que, xunto cos seus alumnos, realizaron baleirados microtoponímicos dos seus concellos e parroquias.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega

Claves