Foi agardado durante moito tempo e xa está aquí. A Xunta e a Real Academia Galega presentaron a semana pasada 'Galicia nomeada', un conxunto de portal web e apps que permiten consultar a densísima toponimia e microtoponimia galega, así como colaborar no rexistro de novos topónimos. Nestes momentos a base de datos rexistra máis de 478.000 topónimos en territorio galego, unha cifra que se podería incrementar de maneira notable a partir da colaboración cidadá. Para o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, Galicia é "un caso singular sen comparanza en España nin en Europa en variedade, antigüidade e densidade de denominacións por km2. Un terzo das entidades de poboación de España está en Galicia, o que explica a nosa vizosa macrotoponimia. Á súa vez, presentouse a nova versión do Portal de Toponimia de Galicia, que na súa actualización, ademáis de incorporar novos xeitos de navegaciónj polos topónimos, incorpora áreas de divulgación e coñecemento ao redor da toponimia do país.