O novo web de Toponimia de Galicia permite localizar os nomes sobre un mapa

O proxecto recolle 400.000 topónimos nun terzo do territorio do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Consellaría de Presidencia presentaba esta mañá o novo web do proxecto Toponimia de Galicia. No mesmo, pódense consultar o preto de 400.000 nomes de lugar que esta iniciativa inventariou desde o ano 2000, e mesmo se poden localizar os mesmos sobre un mapa. O proxecto traballou xa sobre un total de 168 concellos, e que se completou na actualidade a información sobre preto dun terzo do territorio do país. Segundo os datos desta iniciativa, Cangas é o lugar no que se detectou unha maior densidade de topónimos, 182 por quilómetro cadrado, mentres o nome que máis se repite, segundo os datos recollidos, é o de A Cortiña, con 1.165 casos.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas

Claves

Lugares