A Xunta desenvolverá durante os vindeiros cinco anos Toponimia de Galicia, un programa de recollida e clasificación dos nomes de lugar que agarda recompilar máis de tres millóns de rexistros de toda Galicia. O proxecto, presentado onte por Xaime Pita, conselleiro da Presidencia e da Administración Pública pretende salvar este patrimonio, que, segundo recoñece a Xunta, está "nun grave perigo de desaparición".
Banco de datos
Os máis de tres millóns de topónimos que se agardan recoller durante os vindeiros cinco anos serán clasificados nun banco de datos. Mediante esta ferramenta preténdese facilitar o traballo de xeógrafos, lingüistas, administracións ou empresas, asà como o seu emprego no ensino. A colleita realizarase atendendo ó plano lingüÃstico e xeográfico que son, segundo Xaime Pita, imprescindibles para a correcta conservación deste patrimonio" que está "nun grave perigo de desaparición" polas mudanzas económicas e estructurais da poboación.
As fontes dos nomes
Para realizar a colleita de nomes de lugar, a ConsellerÃa basearase en mapas do Instituto Xeográfico Nacional e en case dúas mil fotografÃas aéreas que cubrirán todo o territorio galego. Ademais, empregaranse os mapas do catastro e das concentracións parcelarias. Desde a Xunta preténdense implicar outras institucións coma os concellos que teñan intereses en cuestións xeográficas e competencias na conservanción do idioma e do patrimonio cultural. Ademais, está previsto un concurso escolar para que os nenos participen na recollida de topónimos e aprendan a coñecer o seu territorio máis achegado.