Oriana Méndez faise co XVIII Premio de Poesía Afundación

O xurado seleccionou o seu poemario Interna entre as 27 obras presentadas

18/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolleu na tarde deste 18 de setembro a reunión do xurado do XVIII Premio de Poesía Afundación. No seu fallo, o comité escolleu a obra Interna como gañadora desta xeira entre os 27 traballos presentados. O xurado destacou da obra "unha voz feminina que mantén un ritmo sostido a través de versos depurados e conmovedores cheos de autenticidade e reveladores dos espazos máis privados do eu. Afloran, con precisión léxica, vivencias esenciais e significativas". Do mesmo xeito, salientou "a eufonía duns versos que incitan a unha lectura en voz alta enunciados cun gran dominio dos recursos da oralidade".

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións
Compartir:

O xurado estivo composto por Marica Campo, Eulalia Agrelo Costas, César Lorenzo Gil, Xabier Castro Martínez e Luís González Tosar. A gañadora recibirá 6.000 euros en metálico e verá a súa obra publicada na colección "Arte de trobar", promovida por Afundación e o PEN Clube Galicia.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Poesía, Oriana Méndez, Oriana Méndez...