O Iescha lembra a Manuel María cunha trintena de vídeos en liña

A iniciativa Vilalba, dona da Chaira compila gravacións en lembranza do poeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Iescha lembra a Manuel María cunha trintena de vídeos en liña

Unha trintena de persoas de diferentes ámbitos implicáronse ata o de agora na homenaxe que o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) está a lle facer a Manuel María por mor dos dezaseis anos do seu pasamento. Lois Diéguez, Carmen Cabaneiro, Baruk e Rosana Domínguez, Eduardo Pérez Baamonde, Mero, Martiño Maseda, Xosé Ramón Vázquez, Felipe Arias, Felipe Senén, María Xosé Lamas ou Darío Xohán Cabana son algúns dos nomes que responderon a esta iniciativa e gravaron cadanseu vídeo de lembranza. Segundo explica o Iescha as pezas responden a "distintos formatos: a música, o recitado, a debuxo, a pintura, o comentario, a loa..." e están a se publicar desde o pasado 8 de setembro na canle de Youtube do colectivo. O Iescha está aínda a recibir novas propostas para participar da homenaxe.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Vilalba, Felipe Senén, Darío Xohán Cabana...