Afonso Becerra (Becerreá, 1973), é Doutor en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona, titulado superior en Arte Dramática na Escola Superior dÂ’Art Dramàtic do Institut del Teatre de Barcelona, na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia e titulado en Interpretación polo ITAE de Asturias. Dirixiu a Asociación Cultural A Pipa de Becerreá entre 1988 e 2016. En 2009 fundou, xunto á directora de escena Ana Contreras, a compañía Ónfalo Teatro. Como autor ten escrito varias obras de teatro e ensaios sobre dramaturxia. Pertence ao Consello de Redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro. De 2006 a 2009 formou parte do Consello Asesor do CDG (Centro Dramático Galego).