A Universidade da Coruña inicia unha peregrinaxe didáctica en Alemaña

Rutas e rutas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai rutas, peregrinaxes e marchas. E todas elas teñen o denominador común de que implican movemento. E de moito movemento é a actividade que a Universidade da Coruña en colaboración coa Xunta pon hoxe en marcha. É unha peregrinaxe que pretende dar a coñecer a xeografía, antropoloxía, psicoloxía, socioloxía e a literatura en relación coa tradición xacobea. E, xa que falamos de marchas, citamos hoxe á ruta Quetzal, que aínda que falta preto dun ano para a súa celebración, vai a ter un claro acento galego. Imos de marcha.

Peregrinaxe educativa

A Universidade da Coruña en colaboración coa Xunta de Galicia poñen hoxe en marcha unha curiosa iniciativa. Trátase dunha peregrinaxe a Compostela desde Aquisgrán (Alemaña) pasando por Bruselas, París, Pamplona, Logroño, Carrión de los Condes (Palencia) e O Cebreiro (Lugo). Dentro desta iniciativa preténdese percorrer a pé tramos do camiño con explicaciones históricas, e leccións de antropoloxía, historia.... sobre cada unha das historias xacobeas relacionadas coa tradición do camiño.
E esta singular peregrinaxe ten data de remate, o 5 de agosto. E entrementres 24 catedráticos e profesores universitarios españoles e estranxeiros serán os encargados de darlle o carácter didáctico que ten esta peculiar iniciativa.



Ruta Quetzal con sabor galego

E na coñecida iniciativa que capitanea Miguel de la Quadra Salcedo terá, na súa edición do 2002 un claro sabor galego. Coa conmemoración dos cincocentos anos do centenario da conquista de Centroamérica, a organización serviuse dos textos que traducíu do toscano ó español polo galego Andrés González Barcia. Unha aportación que resulta imprescindible para a planificación da vindeira ruta.
Na ruta deste ano, "En busca del espondylus (unha ostra vermella da mitoloxía ecuatorianta), dez dos trescentos participantes de 40 países son galegos.


Que che parece esta nova?
7 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade da Coruña, Antropoloxía, Xeografía, Literatura...