A ConsellerÃa de Cultura e Turismo catalogará a mámoa que quedou ao descuberto na parroquia de Moreiras, no concello ourensán de Toén, de resultas do último incendio forestal sufrido nesta zona. Este procedemento garantirá a protección futura do devandito ben megalÃtico. A xefa territorial, Sandra Quintas, e técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural visitaron co alcalde, Ricardo González, representantes da Comunidade de montes veciñais de Moreiras-Trelle e os informantes do achado o xacemento. Froito desta visita tense redactado xa unha ficha para avanzar na catalogación e proposta de inclusión no planeamento municipal deste ben. Neste caso, a queima corroborou os indicios toponÃmicos que apuntaban a presenza dun patrimonio desta natureza, posto que a paraxe na que se sitúa o conxunto chámase A Medoña.
Da devandita visita, tiráronse unha serie de conclusións provisionais como o feito de que mámoa de Moreiras sexa un túmulo de notables dimensións, cun diámetro aproximado de 28 metros e unha altura de 2,5. Nel obsérvanse os restos da súa coiraza granÃtica e unha cámara da que se recoñecen a pedra de cabeceira e dúas laterais, asà como outras dúas de calzo. Ademais, o radio oriental, lixeiramente máis largo que o occidental, poderÃa indicar que se trata dun túmulo con corredor. Finalmente, o elemento presenta evidencias de saqueo histórico, o lateral norte atópase alterado e os restos da coiraza da mámoa amoreados sobre o túmulo.