A campaña de agasallo de libros aos nenos que realizou ao Concello de Ourense rematou cun saldo de 8.400 libros entregados para outros tantos escolares. Ao longo das últimas semanas, todos os ourensáns nacidos entre o xaneiro de 2002 e decembro de 2016 tiveron a posibilidade de achegarse a unha das 35 librarÃas e papelarÃas ourensás que participaron na campaña e retirar un tÃtulo da súa escolla. Con estes resultados o goberno municipal valora como un éxito a campaña 'Un libro desconfina a túa imaxinación', que tiña como obxectivo fomentar a lectura entre a mocidade ao tempo que axudar o comercio local e, concretamente, o sector libreiro, moi afectado polo peche decretado durante o estado de alarma.Con esta iniciativa, o Concello quixo agasallar a rapazada polo seu comportamento durante as etapas do peche. A campaña desenvolveuse desde o dÃa 1 de xullo até o 14 de agosto, e contou coa participación de 35 establecementos da cidade, nos que cada neno ou nena podÃa elixir un tÃtulo á súa escolla sen requisitos de xénero literario ou lingua por un importe máximo de 20 euros; se o importe superaba esa cifra, a diferenza era achegada polo cliente.Pérez Jácome salienta que a campaña foi pioneira en España, tendo en conta que eran os propios nenos quen elixÃan o libro á súa escolla, achegándose a unha librarÃa onde cos seus datos a través dunha aplicación informática se determinaba se lle correspondÃa o libro, e o propio lector elixÃa o tÃtulo que máis lle gustaba. O alcalde subliña que esta iniciativa, "vai coa nosa filosofÃa de que os impostos teñen que ir para todo o mundo", en relación aos 8.400 nenos que recibiron os seus libros.