O Concello de Ourense anunciou unha campaña de fomento da lectura entre a xente máis nova que consistirá nun bono para mercar un libro nalgunha das librarÃas da cidade. Esta iniciativa levarase a cabo coa fin do curso e responde a un convenio entre o consistorio e a Asociación Provincial de Libreiros. O libro, elixido á vontade se requisitos de xénero literario ou lingua até un importe de 20 euros, poderase recoller desde finais de xuño, cando remata o curso escolar, e durante todo o mes de xullo. Ademais de fomentar a lectura entre a mocidade, o Concello quere deste xeito axudar o comercio local e, neste caso, o sector libreiro, especialmente afectado polo peche decretado polo estado de alarma. O único requisito é ser ourensán, menor de 18 anos, e dar o nome na librerÃa. Segundo as estimacións feitas polo Concello, fálase de máis de 10.000 libros para nenos e mozos da cidade de Ourense. O presidente da Asociación Provincial de Libreiros, José Manuel GarcÃa, atopábase "encantado" pola súa banda: "Non necesitamos subvencións, necesitamos xente nas librerÃas", afirmou logo da reunión mantida na AlcaldÃa, e á que tamén asistiron Pilar RodrÃguez, tesoureira da Asociación de Libreiros, e Mario González, concelleiro de Cultura.