A raÃz do sucedido coa cancelación inagardada dos concertos en vivo do Resurrection Fest XS por parte do Concello de Viveiro a Asociación Empresarial Festivais de Galicia fixo públicas hoxe unha serie de consideracións sobre a seguridade nos eventos musicais. Nelas, inciden na seguridade que arestora se está dando nos eventos que si se están a facer, contando coa complicidade do público, patrocinadores, artistas e administracións, o cal demostra que resulta posible sacar adiante estas programacións. Desde a asociación reclaman prudencia ás administracións á hora de tomar certas decisións para non caer en estigmatizar un sector que vive da confianza do público, o cal serÃa nefasto para a súa recuperación posterior. Os representantes deste sector da industria musical galega ademais queren chamar a atención sobre o feito de que en ningún destes eventos tivo lugar o inicio dun gromo de COVID-19 e lembran que a seguridade das persoas é o primeiro que se ten en conta na reconfiguración de cada acto. A asociación sinala que os promotores e programadores do paÃs reformularon rapidamente o seu traballo ante esta nova situación mundial, ofrecendo unha alternativa segura, atractiva e comprometida coa contorna e queren lembrar tamén que, como en calquera outro sector, son moitos os postos de traballo directos e indirectos que xera a industria musical en Galicia.
O comunicado saÃu hoxe coincidindo coa anuncio por parte do Ministro de Sanidade das medidas que se tomarán en todo o territorio español por acordo unánime dos gobernos autonómicos. O anuncio inclúe no peche de da hostalerÃa nocturna tamén aqueles locais que teñan programados concertos, e ademais deixa a decisión dos gobernos autonómicos a decisión de autorizar a realización de calquera evento que se considere "multitudinario", sen especificar máis a expensas da decisión de cada comunidade. No peche desta redacción aÃnda nopn se coñecÃan as decisións do goberno galego.