Músicas ao Vivo fai un chamamento ás boas prácticas nos festivais

A asociación reivindica a implantación dunha cota mínima de presenza de artistas de Galicia

3/6/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Festival Portamérica. Foto: Fest Galicia

Ante o comezo da temporada estival de festivais musicais, a etapa con máis actividade do ano pares estes eventos, a asociación Músicas ao Vivo (MAV), en representación do colectivo de artistas musicais do país, ven de facer público un chamamento de boas prácticas a quen fai posible estes encontros musicais do verán. O colectivo reivindica a implantación dunha cota mínima de programación de artistas de Galicia nos festivais, como xa sucede naqueles festivais teatrais galegos subvencionados pola AGADIC (30% mínimo de programación de proxectos galegos). Desde MAV inciden ademais en advertir contra prácticas laborais ilegais ou abusivas, tanto cara aos músicos como aos demais traballadores destes eventos. A busca de carteis artísticos que demostren a diversidade de xénero e o coidado co impacto medioambiental dos festivais tamén están presentes nas liñas mestras que propoñen MAV- Para iso diríxense directamente na súa mensaxe a tres colectivos, o dos promotores e programadores, ao colectivo artístico e finalmente ao público, instándoo a elixir os eventos aos que acode en función do nivel de aposta por estas boas prácticas que defenden os músicos.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con MAV, Xénero, Asociación Músicas ao Vivo, Axencia Galega das Industrias Culturais