A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) publicou ao longo desta semana no Diario Oficial de Galicia ata catro modificacións de anteriores convocatorias de subvencións ás industrias culturais coa finalidade de avanzar na adaptación das mesmas ao contexto actual no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turÃstico fronte aos efectos da covid-19. A entidade busca con isto facilitarlles ás empresas adxudicatarias o cumprimento dos requisitos inicialmente esixidos para a concesión e xustificación destas axudas. Con esa finalidade esta semana se publicaron no Diario Oficial de Galicia (DOG) tres modificacións referidas ás bases para producións e coproducións audiovisuais do ano 2019, para a produción dunha obra audiovisual cara ao Xacobeo 2021 de 2018 e para creación escénica de 2020. Durante o pasado mes de xullo a axencia gobernamental xa fixera modificacións adaptadas no mesmo sentido sobre as axudas a festivais audiovisuais e as artes escénicas.
No primeiro dos casos, a resolución publicada o mércores recolle unha reformulación extraordinaria da convocatoria de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, encamiñada fundamentalmente a dotar de liquidez as 17 empresas adxudicatarias da convocatoria de 2019. Neste sentido, facilÃtaselles o cumprimento dos requisitos para a consecución do pagamento anticipado do total da anualidade de 2020, ademais de aumentar de tres a catro as anualidades nas que se distribúe a achega económica total de dous millóns de euros e de ampliar os seus prazos de xustificación: do 15 de setembro ao 30 de novembro deste ano na modalidade D (curtametraxes) e do 15 de setembro de 2021 ao 15 de xuño de 2022 no resto (longametraxes cinematográficas de ficción, animacións e documentais e pelÃculas ou series para televisión).
3Caminos
Asà mesmo, o DOG publicou o martes a modificación relativa á convocatoria extraordinaria de 2018 para o desenvolvemento de cinco proxectos e a posterior produción dunha obra audiovisual para fomentar os valores culturais do Camiño de Santiago cara á celebración do Xacobeo 2021. A produtora compostelá Ficción Producións resultou a adxudicataria final dunha subvención de 1,5 millóns de euros para a serie 3caminos, á fronte dunha produción internacional na que se implicaron compañÃas referentes como Amazon Prime Video ou Beta Films, e que foi unha das primeiras en retomar a súa rodaxe tras o estado de alarma decretado a causa do coronavirus. Tamén neste caso se incrementan as anualidades, se facilita o pagamento anticipado da contÃa total correspondente a 2020 e se amplÃa ata o 15 de setembro do ano que vén o prazo de xustificación, ademais de retrasar a data lÃmite da estrea ata maio de 2021.
Creación escénica
Por último, este venres o DOG tae unha terceira modificación de bases, correspondente á convocatoria de axudas á creación escénica de 2020, da que a pasada semana se fixo pública a relación das 29 propostas entre as que se distribúen 800.000 euros, un 23% máis que o ano pasado. A reformulación céntrase aquà na ampliación da data lÃmite de estrea dos espectáculos ata o 15 de maio de 2021 e do prazo de xustificación ata o 15 de xuño de 2021 para tres das catro modalidades: teatro, novo circo e maxia, nova creación e danza.