Agadic amplía o orzamento das axudas de creación audiovisual convocadas en decembro

Catro proxectos sairán beneficiados a maiores co aumento de 22.000 euros nesta convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualPolíticas Culturais
Compartir:

A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) ven de publicar no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que leva a cabo unha ampliación do crédito dispoñible para as subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego que se convocaron en decembro de 2019. Respondendo ao impacto producido pola pandemia nas empresas audiovisuais, en consonancia coas medidas adoptadas no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, a Consellería de Cultura e Turismo decidiu a ampliación do número de curtas e guións apoiados na convocatoria 2020, mediante a modificación destas bases. O crédito dispoñible este ano pasa dos 156.000 euros aos 178.000 euros agora co que pretende aumentar o alcance nas modalidades de axuda menores (5.000 e 6.000 euros por produción) para chegar a catro proxectos audiovisuais máis dos inicialmente previstos. Estes cambios afectan ás solicitudes xa presentadas dentro do prazo e que quedaran inicialmente fóra polo esgotamento do crédito. Agadic aínda non deu a coñecer a lista de proxectos beneficiarios.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Covid, Consellería de Cultura e Turismo, Axencia Galega das Industrias Culturais