A Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia acaba de facer pública a resolución de concesión das axudas ao sector audiovisual galego para o desenvolvemento de novos proxectos de cinema e televisión que se atopan na súa fase de preprodución. Tras unha ampliación o orzamento efectuada esta mesma semana, o goberno galego en colaboración co Instituto da CinematografÃa e das Artes Audiovisuais (ICAA) que aportou os fondos finalistas do Estado, pasou de dedicar 300.000 euros a esta liña de apoios a chegar ata o 500.000. Esta ampliación permitiu que as axudas cheguen a 21 proxectos de 20 empresas adxudicatarias, que destinarán estas subvencións a financiar diferentes traballos previos encamiñados a preparar a futura produción e rodaxe destes tÃtulos. A pesares do aumento do orzamento quedaron fora por esgotamento de crédito ata 34 proxectos audiovisuais, que pasan á lista de garda segundo a orde de puntuación asignada no proceso competitivo.
A finalidade destas axudas é acompañar economicamente as produtoras galegas desde a fase inicial de preparación dos seus novos proxectos, cos que nos anos seguintes poderán optar asà mesmo ás subvencións autonómicas para produción e coprodución audiovisual e para difusión en foros de negocio e festivais. Apóianse, en concreto, 14 novas propostas de longametraxes cinematográficas e sete de series televisivas, entre as que se distribúen contÃas que van dos 14.500 aos 30.000 euros para levar a cabo labores relacionados co guión, dereitos de autor ou propiedade intelectual, financiamento, venda e distribución, xestión de dereitos, investigación, elaboración de materiais de promoción, gastos de asesorÃa ou consultarÃa, alugueiro de espazos de traballo e outros que teñan lugar na fase anterior á filmación.
Na modalidade de desenvolvemento de proxectos de longametraxes cinematográficas, as beneficiarias son Abano Producións con 'Chocó (e a selva máxica)', Agallas Films con 'Xoguemos a galgos', Arraianos Producións con 'Graham Greene por España e Portugal', Maruxiña Film Company con FrÃo, Mordisco Films con 'Merlo branco', Noveolas Producciones con 'Cine ParaÃso, Leiro', Ollo Vivo con 'Notas entre silencios', Sétima con 'Juliette e Camille', Sun Lúa con' A senda escura', Vaca Films con Finisterre e con 'Kabul 2015', Zeitun Films con Grieta, Xavier Font con Petróleo e Xiana Gómez con 'Comando Igualdade'. En canto ao apartado destinado ao desenvolvemento de futuras series para televisión e plataformas, apóianse catro proxectos de ficción: 'Guerreras, el conflicto de Telanosa' de CTV, Espontáneas de Intereuropa TV, 'Pensión incompleta' de Voz Audiovisual e 'A vida secreta de Úrsula Bas' de Zenit Televisión. Tamén entra na lista o proxecto de animación 'Cebra con lunares' de Viva Zapata y Villar e dúas producións documentais: 'Caso Couso, a serie' de Recrea Films e Toxo de Tamboura Films.