Atopan a Virxe do Cruceiro Novo da Pobra do Caramiñal

A imaxe fora roubada desta localización durante o período de confinamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Unha condutora descubriu a Virxe na madrugada entre os días 7 e 8 de agosto a desaparecida imaxe da Virxe do Cruceiro Novo da Pobra da Caramiñal. A imaxe, que fora subtraída do seu lugar o pasado mes de abril, durante o período de confinamento, estaba abandonada nunha beira da estrada entre Moldes e Palmeira. A Policía Local confirmou a recuperación desta peza, cuxa desaparición causara unha grande consternación na zona.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pobra do Caramiñal

Claves