Desaparece a figura da Virxe do Cristal

O falecemento do párroco de Vilanova dos Infantes deixa a imaxe en paradoiro descoñecido

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Fotografía de Luis Miguel Bugallo Sánchez.

Fotografía de Luis Miguel Bugallo Sánchez.

Adolfo Enríquez, párroco de Vilanova dos Infantes, apareceu onte morto, aparentemente en relación a un roubo sufrido na súa casa. O falecemento do sacerdote deixa en paradoiro descoñecido a imaxe da Virxe do Cristal, que custodiaba na reitoral. Segundo recollen hoxe diferentes medios, a casa do párroco estaba revolta, mais aínda non se verificou a substracción de bens na mesma. La Voz de Galicia recolle testemuños que apuntan posibilidade de que o párroco tivese agochado a figura, que habitualmente levaba consigo, aínda que na casa reitoral só apareceron as fundas baleiras nas que se gardaba.

A figura única, datada no século XVII consiste nunha imaxe da Virxe María inseria nun óvalo de vidro e o seu culto foi inspiración para o poema homónimo de Curros Enríquez. Segundo La Voz, a arcipreste de Celanova e unha monxa que coñecían a localización exacta da figura na casa tentarán acceder hoxe á mesma para localizar este ben.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilanova, La Voz de Galicia, Celanova

Claves

Entidades