
Deste xeito, na nova xeira increméntanse as actuacións de grupos de canto tradicional ata unha vintena de formacións que inclúen a Escola Provincial de Danza ou o grupo Castro Floxo da Deputación, ademais da tradicional danza na honra da Virxe do Cristal que realizarán os Danzantes de Vilanova. O programa inclúe diferentes exposicións co eixe na oralidade tradicional canda a actuacións de monicreques a cargo de Os Monifates, cantos de cego da man do Cego de Matamá ou propostas de narración oral.
Un posto especÃfico sobre o DÃa das Letras fará un percorrido pola historia da literatura galega e mais o cancioneiro popular, e o propio xornal da romarÃa, que se pode descargar na rede, centra os seus contidos nesta cuestión.
No marco da xornada, realizarase entrega do premio honorÃfico Adolfo EnrÃquez ás cantareiras das aldeas dos concellos de Avión e Beariz, principalmente en Liñares, onde o grupo Castro Floxo, realizou traballos de campo, e recolleu abondoso material para o Cancioneiro popular da provincia de Ourense nos anos 80.