
Asinan representacións da peza para esta exposición artistas moi diferentes entre si e con achegamentos moi diversos ás artes plásticas usando dos materiais máis variados. O listado completo está composto por Xulia Ares, Joaquín Balsa, Moncho Borrajo, Manuel Buciños, Manuel Catoira, Xosé Cid, Ramón Conde, Luz Darriba, María Manuela Díaz Orjales, Manuel Dopazo, Angy F.S., Ánxel Huete, Francisco Leiro, Maribel Longueira, Urbano Lugrís, Arturo Baltar, Acisclo Manzano, Miguel Anxo Martínez Coello, Baldomero Moreiras, Rochi Nóvoa, Xurxo Oro Claro, Emma Pedreira, Alfonso Pexegueiro, Antón Pulido, Baldo Ramos, Leandro Sánchez, Carmen Senande, Felipe Senén, Tareixa Taboada, Lucila Vázquez Gulías, Carmucha Vázquez Prats, Manuel Vidal e a Sociedade Filatélica e Numismática Miño. No cantio dunha obra propia, a escultora Soledad Penalta aportou á mostra unha imaxe mariana de prata, con base de mármore que tamén foi roubada, como pasou coa Virxe do Cristal e que ela mercou á Administración en Estados Unidos, despois de que fora recuperada, e tróuxoa para Galicia. Penalta deu a imaxe en doazón ao Concellode Celanova mentres non se recupere a Virxe do Cristal, unha esperanza que aínda manteñen organizadores e artistas participantes.