O ciclo "Galicia canta" percorre con dezaseis corais a música de raíz galega

Os ciclos pódense seguir na canle de Youtube do coro Tempus Fugit

Os ciclos pódense seguir na canle de Youtube do coro Tempus Fugit
Este sábado 1 de agosto celébrase o segundo concerto do ciclo "Galicia canta", promovido polo coro ribadense Tempus Fugit e que se pode seguir a partir das doce da mañá na súa canle de Youtube. Desta volta, o concerto integrará formacións das catro provincias galegas: o Sextexto vocal SondeNós (Viveiro), Kantantibus (Ourense), Gli Appassionati (Vigo), o Obradoiro vocal A Vila e o Coro Gaos (A Coruña). Precisamente esta dinámica de contar con coros das catro provincias é unha característica deste ciclo, no que se abranguerá a música galega desde o Códice Calixtino ata recentes composicións de Julio Domínguez. O ciclo celébrase a través de Internet todos os sábados ata o día 15 de agosto.


Escoita o primeiro concerto: