Ao longo deste mes de outubro as catedrais de Ourense, Tui, Santiago e Mondoñedo e mais a igrexa de San Pedro en Lugo acollerán cadanseu concerto da Misa de Réquiem en re menor, de Mozart. Os recitais, interpretados pola Oquestra e o Coro Gaos, compoñen o programa Música nas catedrais que presentaba esta mañá o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, en Compostela. As actuacións de Ourense e Santiago completaranse coa interpretación do Concerto para clarinete e orquestra en la maior, tamén de Mozart.
O ciclo comezará este mesmo sábado na Catedral de Ourense, ás 21,00 horas, e continuará na Catedral de Tui (9 de outubro, ás 19,30 horas); na Igrexa de San Pedro de Lugo (14 de outubro, ás 21,00 horas); na Catedral de Santiago (15 de outubro ás 21,30 horas); e na Catedral de Mondoñedo (16 de outubro ás 19,30 horas).
Programa do Ciclo de Catedrais con información sobre os intérpretes.O ciclo comezará este mesmo sábado na Catedral de Ourense, ás 21,00 horas, e continuará na Catedral de Tui (9 de outubro, ás 19,30 horas); na Igrexa de San Pedro de Lugo (14 de outubro, ás 21,00 horas); na Catedral de Santiago (15 de outubro ás 21,30 horas); e na Catedral de Mondoñedo (16 de outubro ás 19,30 horas).