A Orquestra Sinfónica organiza un novo Festiclass

A música coral protagoniza as actuacións do primeiro

11/12/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: música
5 lecturas | Compartido 0 veces
Catro actuacións entre xaneiro e abril de 2010 compoñen a nova edición do Festiclass que presentaba onte a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG). Desta volta, a organización aposta especialmente pola música coral. Os Nenos Cantores da OSG inician a programación o vindeiro 30 de xaneiro a interpretar Debussy e Guridi coa formación nai. No mes seguinte será a Coral Universitària Illes Balears a que acompañará a orquestra a interpretar unha peza de Ralph Vaughan Williams. En marzo prevese a actuación do propio coro da Sinfónica cunha peza de Scriabin, e o ciclo remata en abril con Arcadi Volodos ao piano e a OSG interpretando Brahms.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades