Localizan unha inscrición medieval nos inicios da nova campaña arqueolóxica en Os Conventos

Un equipo arqueolóxico busca o desaparecido mosteiro de San Martín de Piñeira

16/7/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoria
32 lecturas | Compartido 0 veces

Fotogrametría da inscrición. Imaxe: Adegas da Memoria

A nova campaña arqueóloxica en Os Conventos, un xacemento arqueolóxico da parroquia de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón), non puido comezar con mellor pé. Durante as tarefas preliminares de limpeza de vexetal dunha estrutura na que se realizará a intervención, os arqueólogos localizaron unha lousa cunha inscrición. Analizada por expertos en epigrafía, as primeiras conclusións indican que se trata dun texto en latín medieval, anterior ao século XIII, e que abondan na interpretación de que Os Conventos poida ser o desaparecido mosteiro de San Martiño de Piñeira. Esta é a segunda campaña levada a cabo neste xacemento, e desta volta está financiada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, coa colaboración do concello da Pobra do Brollón e a asociación de veciños de Salvadur. Na primeira, localizouse un enterramento humano datado no século X así como material cerámico medieval. Precisamente, o proxecto "Adegas da memoria" no que se encadra esta intervención foi obxecto dun encontro virtual no Consello da Cultura Galega este martes.
O achado da inscrición

Universo culturagalega.gal

16/09/2024

O castro menos castro

A nova intervención en Penas do Castelo desvela unha estrutura inédita na Idade do Ferro galega

21/11/2023

Tumbas na porta da casa

A terceira campaña do Preguntoiro constata unha ocupación doméstica do século X previa á capela

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego