A instalación dunha torreta eléctrica revela unha vila romana en Castro de Rei

O xacemento tería unha hectárea de extensión

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

As obras de instalación dunha liña eléctrica de evacuación da enerxía producida por un parque eólico de San Martiño de Corvelle (A Pastoriza) provocaron a descuberta dunha vila romana na parroquia de Coea do concello lugués de Castro de Rei. O xacemento, que foi intervido parcialmente, atópase nunha zona elevada, dedicada actualmente a forraxe de gando, que domina a desembocadura do río Azúmara no Miño. Segundo publica La Voz de Galicia, en virtude da excavación de urxencia que foi levada a cabo a vila se pode datar entre o século II e III d.C. e conserva restos de estancias, do sistema de calefacción e un gran número de tégulas de cubrición, moitas delas en moi bo estado. A aparición dun certo número de fragmentos de escoura de ferro vincula tamén o xacemento cos recursos dunha mina próxima.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Rei, San Martiño, La Voz de Galicia, Miño

Claves

Entidades
Conceptos