Talía Teatro estrea en Cee 'Voa, voa'

A nova montaxe da compañía para público familiar anima a recuperar os xogos tradicionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Talía Teatro estrea en Cee 'Voa, voa'

A compañía Talía Teatro estrea mañá, mércores 15 de xullo, ás 20 horas, en Cee o seu novo espectáculo Voa, voa!. O auditorio da Casa da Cultura de Cee acollera ese día e o e o xoves 16 ás 12 h, esta nova produción dirixida ao público infantil e familiar na que se proporá recuperar ditos, retrouso, sortes de dar,... e toda unha relación de ditos populares que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral. María Ordóñez e Toño Casais protagonizan a peza, escrita e dirixida por Artur Trillo coa que pretenden incentivar a xogar, pero sobre todo incentivar ás familias a furgar na súa memoria e recuperar e transmitir os seus xogos da infancia. Na sinopse da obra cóntase como todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avoa.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cee, Teatro, Talía Teatro, Artur Trillo...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares