Jorge Mira e Xavier Fonseca fanse cos premios de divulgación e xornalismo da Real Academia Galega de Ciencias

Os premios serán entregados mañán en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:

O catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira recibirá mañá o primeiro premio de Divulgación Científica que concede a Real Academia Galega de Ciencias. O galardón é concedido pola dilatada traxectoria de Mira no ámbito da divulgación a través de múltiples soportes e formatos. Por outra banda, a RAGC tamén entregará o Premio de xornalismo científico Celia Brañas, que convoca de maneira conxunta coa Axencia Galega de Innovación. O galardón, dotado con 3000 euros, foi para Xavier Fonseca, xornalista de La Voz de Galicia, por unha reportaxe sobre o cambio climático e o seu impacto en Galicia.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Mira, Xornalismo, Real Academia Galega de Ciencias, Universidade de Santiago de Compostela...