Continúan a agromar convocatorias de certames dedicados á banda deseñada no noso país. Logo do certame xuvenil que anunciou a Deputación de Pontevedra este mes de xuño, a Universidade de Vigo chama a participar nos seus premios de ensaio e banda deseñada. Organizados pola Área de Normalización Lingüística, están abertos á comunidade universitaria e contan cun primeiro premio de 700 euros e dous accésit de 250 para cada unha das modalidades. Na de novena arte admítense traballos en galegos, dun máximo de dous autores e extensión de entre seis e quince páxinas. As convocatorias están abertas ata o 30 de setembro.
Pola súa banda Sergio Sink, alumno da escola de BD O Garaxe Hermético, de Pontevedra, quedou finalista no Certame Internacional de Escolas de Cómic e Manga. A súa historia El campanario prometido foi unha das dúas obras que quedaron na final na categoría "Cómic basado en storyboard" destes galardóns, aos que se presentaron 750 obras e contaron coa participación de 825 escolas de 69 países.