María Reimóndez faise co premio literario Pinto e Maragota coa novela Cobiza

Publícase un volume de estudos sobre a obra da escritora

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A escritora luguesa María Reimóndez gañou a primeira edición do premio literario Pinto e Maragota pola Diversidade, convocado polo Concello de Pontevedra, coa súa novela Cobiza. Trátase dunha obra de ciencia ficción e distópica, da que o xurado resaltou "a súa altísima calidade literaria e a nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e o xénero, as identidades e as orientacións sexuais, así como unha profunda mirada feminista e ecoloxista". O premio está dotado con 3000 euros e a publicación do libro en Xerais. Este anuncio coincide coa publicación dunha novidade editorial de Xerais tamén sobre a autora: Tecermos rede, crearmos comunidade: Estudos sobre a obra de María Reimóndez, coordinada por Ánxela Lema e Andrea Nunes. Trátase dunha publicación colectiva co obxectivo de "reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras con que conta hoxe en día o sistema literario galego. As súas temáticas tocan de preto e implícanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s)". O volume achega unha parte didáctica orientada aos equipos docentes, outra de carácter científico e "un texto literario que relé a obra máis sonada da autora".

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Reimóndez, Andrea Nunes, Xénero, Ciencia...

Claves

Conceptos
Lugares