Artistas do país homenaxean a Andrés do Barro cun vídeo colectivo

A iniciativa lembra o pasamento do pioneiro do pop en galego hai trinta anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A coincidir co trinta aniversario do pasamento de Andrés do Barro, un grupo de artistas musicais do país acordaron facerlle unha homenaxe ao pioneiro do pop en galego. Saudade 2020 é o título do vídeo colectivo gravado desde o confinamento no que creadoras e creadores como Débora Silva, Carmela "Mihermanapequeña", Silvia Penide, Dani Ríos, Xavier Vizcaíno, David Prado, Álvaro Iglesias ou Marcos Mella, que tamén correu coa produción do proxecto, participan dunha iniciativa á que o caricaturista Gogue achegou a imaxe gráfica.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Silvia Penide, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas