Ve a luz a versión en galego de A forza pública na Universidade de Santiago

O Consorcio de Santiago e Galaxia publican esta obra temperá de Carballo Calero

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Ve a luz a versión en galego de A forza pública na Universidade de Santiago

O relato que Carballo Calero facía en 1931 da intervención, pouco antes, das forzas da orde para reprimir propostas estudantís da Universidade compostelá. Este é o contido de A forza pública na Universidade de Santiago volume que acaba de ver a luz da man de Galaxia e do Consorcio de Santiago. O libro achega a tradución á nosa lingua do que publicara Ediciós do Castro en 1987 e antes o sindicato estudantil FUE en 1931. A obra supón un dos exemplos temperáns do traballo literario do homenaxeado no Día das Letras Galegas, que reconstrúe a partir de testemuños a violenta represión que sufriu o movemento estudantil naquela época.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Consorcio de Santiago, Carballo, Tradución...