Marta Pazos recibirá o Premio de Honra da MIT de Ribadavia

A vindeira obra de Voadora, Othelo será coproducida coa mostra

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Marta Pazos. Fotografía da MIT.

Marta Pazos. Fotografía da MIT.

O Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño que concede cada ano a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia irá neste 2020 á directora artística e directora de escena de Voadora Marta Pazos. O encontro quere recoñecer así a traxectoria "dunha das creadoras escénicas máis puxantes do panorama teatral contemporáneo", quen "propiciou a consolidación dun equipo interdisciplinar no que priman a música e a suxerente plástica escénica como principais sinais de identidade". A organización destaca da directora o ser "unha das mulleres de gran talento, traballo e entusiasmo da cultura galega actual. Alimenta o noso espírito con pezas que nos fan vivir plenamente a festa da vida, os sabores doces e tamén o ácido existir actual" e apunta que "este premio é a constatación dos valores que fomos descubrindo, do acompañamento que este festival foi realizando, das portas que nos fomos axudando a abrir e do moito que lle queda por voar a esta creadora galega universal".

Pazos agradeceu o recoñecemento a destacar que "a MIT é unha casa á que volver e da que sempre saímos renovadas polo cariño, apoio e os novos horizontes que abren deste esta casa". Avanzou ademais que o vindeiro espectáculo de Voadora, Othello, será unha coprodución con esta mostra. Precisamente arredor de Othello a compañía impartirá un obradoiro escénico sobre "relacións amorosas e a posverdade" co título Celos. Nivel usuario avanzado.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marta Pazos, Voadora, MIT, Roberto Vidal Bolaño...