A compañÃa Excéntricas retorna á actividade teatral os dÃas 3 e 4 de xullo*, buscando un xeito orixinal de inaugurar esta etapa de "nova normalidade". Venres e sábado Quico Cadaval e Cándido Pazó actuarán na Praza de España de Ribeira, no Barbanza, cun espectáculo presentado de xeito diferente. O "Autocontos" é unha experiencia pioneira en Galicia que se fará por primeira vez nesta ocasión, emulando esa experiencia dos autocines que tanto eco está a ter ante os protocolos de distanciamento. Os narradores serán seguidos por dúas cámaras robotizadas que emitirán en directo nunha gran pantalla colocada enriba do escenario para que os espectadores non perdan detalle dos seu xestos, mentres que o son chegará aos espectadores a través dun dial da FM, a mesma tecnoloxÃa que se emprega nos autocines; deste modo os espectadores poderán gardar en todo momento as distancias de seguridade esixidas pola normativa actual de espectáculos. Haberá dous tipos de entrada prevista: a ENTRADA COCHE que permitirá ver e escoitar o espectáculo dende o interior do seu propio coche con capacidade máxima para ata 4 persoas; ou ENTRADA SILLA para todos aqueles que prefiran seguir o espectáculo ao aire libre dende un espazo habilitado na parte de diante do escenario, que aÃnda asà deberán ir provistos de teléfono móbil con aplicación de radio ou de radio portátil con cascos para recibir o son a través do dial da FM indicado pola organización.
* A actuación estaba inicialmente programada para o 26 de xuño pero tivo que ser adiada polas previsions meteorolóxicas. Anotación a 25 de xuño.
* A actuación estaba inicialmente programada para o 26 de xuño pero tivo que ser adiada polas previsions meteorolóxicas. Anotación a 25 de xuño.