Quico Cadaval estrea "O Auto do Castromil" en Santiago

Haberá tres representacións con entrada de balde por convite

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Quico Cadaval estrea "O Auto do Castromil" en Santiago

A vindeira produción da compañía Producións Excéntricas Teatro, 'O Auto do Castromil', que supón o proxecto gañador do III Certame de Proxectos Teatrais da Fundación Manuel María, terá a súa estrea absoluta o vindeiro 7 de xullo no Teatro principal de Santiago. A montaxe, coproducida co Centro Dramático Galego, representarase alí os días 7, 8 e 9 en tres funcións (todas ás 20:30 horas) con entrada de balde, previa recollida de convites. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez tamén o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galicia. Un espectáculo dirixido por Quico Cadaval, responsable tamén da dramaturxia, e protagonizado por Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. Conta con vestiario e escenografía de Carlos Alonso, banda sonora de Piti Sanz, e iluminación de Octavio Mas. Os convites poden conseguirse a través da web Compostela Cultura ou na Sala C, na Praza de Cervantes, a partires deste martes 27 de xuño ás 11:00 horas.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito