Fuxan os Ventos xa ten esgotadas as localidades para a súa volta ao escenario

Dous milleiros de persoas verán o espectáculo Terra de Soños no Auditorio de Galicia

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

A volta aos escenarios do grupo Fuxan os Ventos en dúas funcións únicas conseguiu levantar o entusiasmo entre o público. Proba diso é que a cinco días da primeira función o vindeiro sábado xa están esgotadas as entradas para os dous días, nun espazo con aforo para un milleiro de persoas por función. Segundo ven de comunicar a axencia de servizos culturais nonsí a venda anticipada a través de teléfono e de Internet, cun prezo de 20 euros a entrada xeral, colgou xa o cartaz de “non hai localidades dispoñibles” o que asegura un cheo total e dous milleiros de espectadores para o espectáculo Terra de Soños.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os soños de Fuxan

Os soños de Fuxan

Fuxan os ventos presentan en álbum en directo Terra de soños

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fuxan os ventos, Espectáculo, Auditorio de Galicia, Internet