Dixitalizan o arquivo gráfico sobre arte rupestre de Ramón Sobrino

A Deputación da Coruña apoia o Colectivo A Rula para desenvolver este labor

15/6/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Ramón Sobrino Lorenzo no petroglifo de Conxo. Fonte: Deputación da Coruña.

O fondo de máis de 3.000 imaxes sobre arte rupestre do investigador Ramón Sobrino Lorenzo-Ruzza, considerado unha autoridade neste campo, será dixitalizado. A Área de Turismo da Deputación da Coruña e mais o Colectivo a Rula asinaban o pasado 11 de xuño un convenio polo que a entidade provincial achegará 8.000 euros para financiar "a dixitalización e difusión dun catálogo e exposición do material gráfico de Ramón Sobrino no rexistro dos petróglifos dos principais xacementos galegos. O proxecto inclúe a dixitalización do fondo de máis de 3.000 imaxes, a coordinación, redacción, maquetación e edición dos contidos do catálogo e a exposición", segundo informa a Deputación.

Segundo apuntan tanto Deputación como A Rula, este material resulta fundamental para o desenvolvemento do parque Compostela Rupestre, actualmente en proceso de creación. O presidente do colectivo, Luís Leclere Rodríguez, apuntou o valor, "non só arqueolóxico e científico senón tamén etnográfico e social" do traballo de Ramón Sobrino e sinalou a importancia de "difundilo e entregalo para que a futura musealización conte con este material como punto de partida sen o que non se entendería o proxecto Compostela Rupestre".

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Sobrino, Colectivo A Rula, Deputación da Coruña, Ramón Sobrino Lorenzo...